Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
|
Segunda edición do concurso musical Nsaio no Camiño |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
02/07/08 |
A Dirección Xeral de Xuventude, en colaboración coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, pon en marcha de novo este ano o concurso musical Nsaio no Camiño, unha iniciativa para dar a coñecer a grupos musicais noveis de Galicia. O grupo ou artista gañador de Nsaio no Camiño obterá como premio a gravación dun traballo discográfico e así mesmo, asinará un contrato cunha discográfica de nivel estatal e tamén un contrato de management. As bandas ou solistas interesados, que cumpran os requisitos, deben presentar as súas maquetas antes do vindeiro día 15 de xullo. As maquetas ou CDs deben constar polo menos de tres temas, dos cales un deles polo menos debe de estar en galego. A media de idade das formacións debe de estar comprendida entre os 16 e os 35 anos e un 60%, como mínimo, dos seus integrantes deben de ser residentes en Galicia. + info www.nsaio.org novas.xunta.es/node/10374
Votar favorito (45) | Visto: 1618
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 02/07/08 )
|