Te proponemos una serie de enlaces web, blogs, photoblogs, metroflog... de nuestra localidad.
Nos ha parecido interesante desde esta web, incluir los enlaces más atractivos, útiles o divertidos que hemos encontrado.
y lo incluiremos a la mayor brevedad.
|
ABERTO Ó PÚBLICO O NOVO PARQUE MIRADOIRO DE NIRVANA |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
18/05/07 |
Onte ó mediodía quedou oficialmente aberto ao público o novo parque-miradoiro de Nirvana, situado nunha finca de 8.000 metros cadrados, xunto á rotonda que leva o mesmo nome, na localidade de Santa Cruz. Ó acto, que estivo presidido polo Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asistiron diferentes membros do goberno así como outros representantes da administración local acompañados por centos de oleirenses que non quixeron perderse a notable transformación levada a cabo neste ámbito, conquerido polo Concello mediante permuta, para convertelo nunha nova área recreativa para uso e disfrute dos oleirenses.
Ademais da zona de parque e paseo, na parte inferior situado a carón do mar, habilitouse un miradoiro que posúe unhas vistas espectaculares á baía coruñesa. Esta zona é unha das máis emblemáticas do municipio “pola súa situación, polas súas vistas e pola historia que ten tras de si xa que ata aquí viñan cada domingo centos de coruñeses a disfrutar dunha xornada de acougo e, en moitos casos, tamén de pracer, de aí o nome de Nirvana”, asegurou o primeiro edil oleirense durante a súa intervención, na que tamén lembrou ós asistentes o interese dalgún grupo político por construír nese emprazamento unha ponte de comunicación coa cidade herculina, algo que garantizou “non se fará mentres me queda unha soa gota de alento”.
O acto rematou coa celebración do Día das Letras Galegas, que consistiu nunha louba á figura e obra de homenaxeada María Mariño e a lectura dalgúns dos seus poemas máis significativos. Esta parte correu a cargo da mestra do IES María Casares, Pepe Taboada. Finalmente, o grupo de cantareiras e pandeireteiras Aloia, de Mera, puxo a nota musical a un evento que rematou coa celebración dun aperitivo informal, con vistas ó mar, como agasallo ós asistentes. Votar favorito (55) | Visto: 1970
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 18/05/07 )
|