Insertar tu anuncio no cuesta nada, salvo tu tiempo.
. Registrarte te lleva dos minutos.
Una vez que estés registrado entra con tus datos y podrás escribir cualquier anuncio.
Recuerda que tu eres el propietario de lo que escribas.
Si no encuentras la categoría necesaria donde publicar tu anuncio, sólo tienes que escribirnos un email a
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
solicitándola y en unas horas estará operativa.
|
ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE OLARÍA |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
25/09/08 |
A partir do vindeiro luns 6 de outubro a Concellería de Cultura, Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros retoma o obradoiro de olaría, curso que mostra as distintas técnicas e formas de tratar o barro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o inicio do curso. As clases impártense no alfar situado no parque das Torres, na localidade de Santa Cruz, na parroquia de Liáns. As leccións terán lugar os luns e os martes de 16.30 horas a 18.30 horas e de 18.30 a 20.30 horas. INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: TFNO. 981 610 000 (DEPARTAMENTO DE CULTURA)
Obxectivos Este obradoiro pretende que os alumnos aprecien o feito artesán e o identifiquen cos valores culturais do Concello, que coñezan o proceso de creación dunha peza de barro (moldeado, cocción, pintura…) e os diferentes instrumentos de transformación do material. Ademais, a realización de traballos manuais deste tipo representan un excelente regulador dos niveis de estrés. Os destinatarios son todos os interesados no mundo da olaría que sexan maiores de 18 anos. O prezo é de 34 euros ao mes para os empadroados e de 42 euros mensuais para os non empadroados. Fonte boletín municipal do concello de Oleiros
Votar favorito (29) | Visto: 610
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |