Insertar tu anuncio no cuesta nada, salvo tu tiempo.
. Registrarte te lleva dos minutos.
Una vez que estés registrado entra con tus datos y podrás escribir cualquier anuncio.
Recuerda que tu eres el propietario de lo que escribas.
Si no encuentras la categoría necesaria donde publicar tu anuncio, sólo tienes que escribirnos un email a
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
solicitándola y en unas horas estará operativa.
|
O BNG ACUSA O ALCALDE DE OLEIROS DE NEGAR AS EVIDENCIAS |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
24/09/08 |
O BNG lamenta a ausencia do grupo de Alternativa dos Veciños e do
PSOE nas manifestacións para exixir o saneamento da Ría do Burgo e
acusa o alcalde de Oleiros de negar as evidencias sobre os verquidos na
ría nos tramos do concello de Oleiros.
Que García Seoane se teña negado a aprobar a moción do BNG para exixir
o compromiso inmediato para a execución do saneamento da Ría do Burgo á
Consellaría de Medio Ambiente e ao Goberno español evidencia a súa
falta de compromiso cos problemas da comarca, e evidencia tamén que
tanto Alternativa dos Veciños como o PSOE poñen por diante do interese
xeral os seus intereses partidistas. Calquera veciño ou veciña que
pasee polas marxes da Ría do Burgo pode observar a simple vista os
focos de verquidos tanto nas zonas da Coruña, Culleredo, e Cambre, como
en Oleiros, polo que a negación por parte do alcalde do que se pode
observar a simple vista semella unha burla á intelixencia da cidadanía.
García Seoane, máis preocupado polos apoios do PSOE, o Plan Xeral, e
unha cobertura do seu futuro político, amosa estar disposto a gobernar
de costas á comarca. No BNG agardamos que esta actitude se corrixa
cando menos no vindeiro pleno, e que Alternativa dos Veciños apoie a
moción do BNG para a mellora do transporte metropolitano, que acumula 5
lustros de atrasos e que impiden pór a área metropolitana da Coruña no
camiño do progreso definitivo facilitando a mobilidade e o aforro
enerxético. No BNG desexamos, por tanto, que o alcalde teña a ben
sumarse á defensa dos intereses da cidadanía e que non antepoña a estes
os intereses especulativos dos gobernos da comarca nos últimos 25 anos. Fonte BNG de Oleiros
Votar favorito (29) | Visto: 554
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |