Opina con nosotros.
En esta sección puedes opinar sobre cualquier tema que consideres interesante en la localidad: musica, empleo, deportes, actividades, etc.
|
O concello de oleiros denuncia que a Xunta de Galicia non repinta os pasos de peóns nas súas estrada |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
18/09/08 |
A decisión do goberno autonómico deixa os peóns nunha situación de perigo e «grave inseguridade vial», segundo o goberno local
A Xunta
de Galicia está procedendo ao repintado da sinalización horizontal nas
estradas Perillo-Oleiros e Perillo-Mera. Como vén sendo costume desde
hai uns anos eses traballos non contemplan a reposición da pintura dos
pasos de peóns, de modo que se ignora a seguridade vial dos peóns e se
fai recaer noutra administración, neste caso o Concello. A reposición
desta sinalización nas estradas autonómicas non é competencia das
administracións locais e incluso podería atoparse con limitacións
burocráticas á hora de asumir esta competencia.
Os
pasos de peóns son elementos integrantes da sinalización viaria e de
grande importancia que estean en bo estado para garantir a seguridade
dos peóns, os elementos máis indefensos que transitan as nosas
estradas.
O Concello pregúntase en que consiste o Plan de Seguridade
Viaria de Galicia cando nin a propia Xunta de Galicia asume as
competencias que lle corresponden nas súas estradas. Con
esta política, un atropelo nun paso de peón borrado nunha estrada
autonómica acabará sendo responsabilidade do Concello que asume por
decisión da Consellería a tutela do tráfico peonil nesas estradas. Ante
este sen sentido, desde o Concello solicitarase á Consellería a
lexislación que ordena estas competencias superpostas.
Fonte boletín concello de Oleiros.
Votar favorito (26) | Visto: 655
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |