|
O BUS-EXPOSICIÓN ''TRANSFOMANDO GALIZA'' DO BNG VISITARÁ OLEIROS A 15 DE SETEMBRO |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
09/09/08 |
O bus-exposición do BNG "Transformando Galiza" estará no Parque Luís Seoane de Santa Cruz na próxima segunda feira, luns, 15 de Setembro, de 11:30 a 14:00 h, para informar e expor con transparencia a xestión de goberno do BNG na Xunta de Galiza.
A presentación contará coas intervencións de Carlos Aymerich, Portavoz do BNG no Parlamento Galego e membro da Executiva Nacional do BNG, e Xurxo Dopico,
Responsábel do BNG en Oleiros. Ambos os representantes exporán as
actuacións do BNG no goberno galego, nomeadamente en todas as actuación
referidas ao noso concello.
A exposición "Transformando Galiza" leva xa varias semanas
percorrendo diversas localidades da xeografía do noso país. Nela pódese
ver un resumo das iniciativas levadas a cabo polo BNG nos últimos 3
anos de goberno na Xunta de Galiza e está aberta a todos os públicos.
Co obxecto de amenizar a xornada informativa do bus "Transformando Galiza", haberá un espectáculo de maxia axendado para as 18:30 horas. Fonte da nova blog Bng de Oleiros
Votar favorito (24) | Visto: 724
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |