|
O GOBERNO LOCAL LEVA A CABO TRABALLOS DE MELLORA NO CASTELO DE SANTA CRUZ E NO SEU CONTORNO |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
08/09/08 |
O Goberno local está executando diversas melloras no castelo de Santa Cruz coa achega europea do plan Proder, que financia o 70% dos traballos. Estas actuacións, que teñen un orzamento de 176.228 euros, tamén contemplan a renovación do pavimento da praza situada no final da rúa do Repicho no paseo marítimo, o pintado da varanda do paseo, a habilitación dun acceso para discapacitados ao castelo a través do paseo perimetral da illa, o selado de fendas e a reparación dos estragos. Tamén se inclúe a renovación do alumeado, a colocación de proteccións no paseo do bordo e a reposición de mobiliario urbano. Na pasarela vaise proceder á recolocación de cables eléctricos e a outras reparacións menores. Esta obra é complementaria da principal que se espera que comece en breve para a consolidación de noiros e a reparación de muros, obras que o Concello reclama a Patrimonio e ao Ministerio que comecen en breve para evitar que siga avanzando a degradación das estruturas. Publicada na web municipal
Votar favorito (32) | Visto: 666
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |