Poco a poco iremos incluyento los lugares típicos de nuestra localidad. Si conoces alguno interesante, envíanoslo a webxoven@gmail.com y será incluído.
|
O concello de Oleiros adxudica a venda de dúas parcelas destinadas á construción de vivendas protexi |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
04/09/08 |
O goberno local de Oleiros adxudicou a venda de dúas parcelas municipais destinadas á construción de 70 vivendas protexidas por un importe total de 1.460.848 euros. O primeiro destes terreos está situada no lugar de Meixonfrío, nas inmediacións da igrexa nova de Santa Cruz. A adxudicataria foi a cooperativa de veciños ENGIS S. COOPERATIVA GALEGA O IMPORTE. A venda realizouse por 1.225.280 euros. A segunda finca, que foi adxudicada á cooperativa A RELLA S. COOPERATIVA GALEGA atópase na parroquia de Santa María de Oleiros, no lugar da Pezoca, situada nas inmediacións da Casa Consistorial. A adxudicación realizouse por un importe de 235.568 euros e neste terreo poderanse construír dez vivendas. Ambas cooperativas están formadas integramente por veciños do municipio de Oleiros e a súa creación foi fomentada desde o Concello. Fonte concello de Oleiros.
Votar favorito (36) | Visto: 750
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |