Opina con nosotros.
En esta sección puedes opinar sobre cualquier tema que consideres interesante en la localidad: musica, empleo, deportes, actividades, etc.
|
RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESCOLAS DE CUBA |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
01/09/08 |
O
Concello de Oleiros solicita a colaboración dos veciños para recompilar
material escolar co fin de distribuílo en escolas infantís e colexios
de Cuba durante a viaxe enmarcado dentro dos programas Ociolerios e
Xoveoleiros, e que se realizará ao longo deste mes de setembro. Desde
o Goberno local invítase aos veciños a colaborar con esta iniciativa.
Pódese achegar material escolar como pinturas de cores, cadernos,
mochilas… Aquelas persoas interesadas en participar nesta pequena
campaña de abastecemento de material escolar poden pórse en contacto
con Alcaldía a través do número de teléfono 981 610 526 ou no 981 610
000, na extensión. 1214. O prazo de recollida permanecerá aberto ata o
próximo día 10 de setembro. O Goberno local recollerá o material nos
domicilios particulares nos casos daqueles veciños que non poidan
trasladarse á Casa Consistorial. Vía web municipal.
Votar favorito (26) | Visto: 753
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |