|
Marful actuará no auditorio de Mera |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
14/05/07 |
Será o mércores, 16 de maio, ás 20:30 horas
cando os integrantes de Marful se suban ao escenario para ofrecer un
concerto en directo para amosar parte do repertorio, baseado no máis
puro estilo das jazz-band dos nos 30-50. As entradas estarán á venda a partires das 19:30 horas e terán un custe de 3 €.
 Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas
vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés
cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición
americana que cohabitaban coa música popular e a canción melódica.
Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en
femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo
Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o
francés Jacques Prévert. Esta é a súa web. Votar favorito (51) | Visto: 2675
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 14/05/07 )
|