|
Dereitos Civís denuncia a cámara de videovixilancia instalada en Oleiros diante da escultura do Che |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
12/07/08 |
O Movemento polos Dereitos Civís vai denunciar ante a Delegación do
Goberno e a Axencia española de Proteccións de Datos a existencia dunha
cámara ilegal de videovixilancia nunha vía pública de Oleiros. O
dispositivo foi instalado sen contar coa autorización da Delegación,
tal e como se afirmou dende o organismo, nin tampouco se procedeu á
obrigatoria inscrición da cámara no rexistro xeral da AEPD.
Hai que lembrar que a cámara instalada polo
Concello, por apuntar á vía pública, está sometida a Lei 4/97 de
videovixilancia. Isto implica que o dispositivo debe ser instalado e
xestionado por Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e, en ningún
caso por outros funcionarios municipais ou persoal de empresas
privadas. Así mesmo, para a súa instalación, se fai necesario contar
previamente co informe favorable da Comisión de Garantías (que o
Concello non ten), e coa autorización expresa da Delegación do Goberno.
Estas dúas medidas supoñen o respecto pola legalidade vixente e un
mínimo de garantías xurídicas para os dereitos á intimidade, honra e
propia imaxe recollidos na Constitución española.
A
inscrición no rexistro xeral da AEPD (que é de carácter público) faise
necesario por canto é indispensable para que as persoas que foron
rexistradas pola cámara poidan exercer o seu dereito de oposición,
acceso, rectificación ou cancelación, dereitos fundamentais recollidos
na Constitución e na lexislación referente á Protección de Datos.
Ineficacia
Por
outra banda, como vén sendo habitual, as cámaras xa mostraron a súa
ineficacia poucos días despois da súa posta en funcionamento. Os
dispositivos amosáronse inútiles para disuadir ás persoas que teñen a
vontade de atentar contra a escultura, e tampouco axudarán
identificación dos mesmos.
Por
todas estas razóns, Dereitos Civís agarda que desta vez a Delegación
cumpra coa lexislación vixente e obrigue ao Concello a retirar a cámara
ata que consiga a autorización correspondente.
De
igual xeito, o MpDC quere facer unha chamada de atención ao organismo
dirixido por Manuel Ameijeiras, que non tivo problemas para contestar
ás preguntas dos medios de comunicación sobre os permisos da cámara,
mentres que tarda meses en contestar a Dereitos Civís e, incluso chegou
a afirmar nun escrito que non pode facilitar un listado de concellos
galegos con videovixilancia porque é información privada. Orixinal de mpdc.blogspot.com
Votar favorito (42) | Visto: 5083
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |