Opina con nosotros.
En esta sección puedes opinar sobre cualquier tema que consideres interesante en la localidad: musica, empleo, deportes, actividades, etc.
|
A Plataforma pola defensa da Ría do Burgo, presenta 17.000 sinaturas ante a Xunta |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
23/05/08 |
A Plataforma presentou,
o 23 de maio no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta en A
Coruña, 17.000 sinaturas de cidadáns que demandan o saneamento da Ría,
a fin dos vertidos, así como sancións ás empresas e particulares que
contaminan. A Confraría de Pescadores da Coruña, un dos colectivos que conforman a
Plataforma, presentou sete denuncias por vertidos ilegais desde o
pasado verán. Hai escasos días, o pósito coruñés interpuxo outras dúas,
nesta ocasión, por un fluído de espuma de procedencia industrial
detectado a semana pasada e por outro de augas fecais que proveñen
dunha canalización subterránea que está perforada. A alta concentración
de coliformes (tipo de bacterias), á parte de impedir a extracción do
marisco, supón mesmo un risco para os bañistas.
Por outra banda, a posta en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens, unha das demandas recollidas no manifesto da Plataforma, non será realidade até 2010, cando a Xunta anunciara que estaría habilitada en 2009.
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo organiza unha
manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 21 de xuño. A marcha,
que reivindica o saneamento da Ría e a fin dos vertidos, partirá ese
día ás 19:30 horas desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno
español (Praza de Ourense). Fonte http://riadoburgo.blogaliza.org
Votar favorito (33) | Visto: 1233
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |