|
Milladoiro presenta o seu novo disco "A Quinta das lágrimas" no Teatro Colón da Coruña |
|
|
|
|
escrito por gelines
|
|
24/11/08 |
O grupo musical Milladoiro presentará o seu novo disco “A Quinta das lágrimas” nun concerto que terá lugar mañán martes, 25 de novembro, ás 20 horas, no Teatro Colón da Coruña, baixo o patrocinio da Deputación da Coruña. O espectáculo, de carácter gratuíto, contará coa colaboración especial das cantantes Laura Amado e Mafalda Arnauth, e intégrase dentro do calendario de actividades programadas pola área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
"A Quinta das lágrimas" será o vixésimo disco de Milladoiro, formación
musical con case 30 anos de traxectoria ás súas costas, gañadora de
múltiples premios e recoñecementos e auténticos embaixadores da cultura
galega en todo o mundo.
As invitacións gratuítas para asistir ao concerto poderanse recoller no despacho de billetes do Teatro Colón o mesmo martes, 25 de novembro, a partir das 10.00 da mañá. Fonte da nova Diputación da Coruña
Votar favorito (77) | Visto: 2638
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 24/11/08 )
|