Semanalmente iremos incluyendo nuevas encuestas de lo más variopinta. Esperamos tu colaboración. :-)
|
OLEIROS PON A DISPOSICION DA XUNTA DE GALICIA TERREOS PARA A ROTONDA DE ABELEIRAS |
|
|
|
|
escrito por anxo
|
|
02/05/08 |
O CONCELLO DE OLEIROS PON A DISPOSICION DA XUNTA DE GALICIA OS TERREOS PRECISOS PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA ROTONDA NO CRUCE DE ABELEIRAS (DORNEDA) O cruce da estrada autonómica AC-181 denominada Avenida República do Uruguai e a provincial DP-5812 denominada Avenida Emilia Pardo Bazán en Abeleiras (Dorneda) constitue o principal punto negro da nosa rede viaria. O Concello de Oleiros solicitou repetidamente tanto á Deputación Provincial como á Xunta de Galicia que construisen alí unha rotonda, de modo que a Xunta de Galicia comprometeuse a facelo e ten en redacción o proxecto necesario.
Co obxeto de axilizar a construcción da citada rotonda e como colaboración coa Administración Autonómica para a reducción dos prazos, por parte da Concellería de Obras Públicas deseñouse e propúxose unha rotonda acorde coa Instrucción de accesos nas estradas da Comunidade Autónoma, e iniciáronse os contactos cos propietarios dos terreos precisos para a citada obra co fin de conseguir acordos para a cesión dos mesmos e posibilitar a sua posta a disposición da Xunta de Galicia no prazo mais curto posible e con elo conquerir en breve esa infraestructura que acabe cos accidentes que alí se repiten.
Froito desas xestións obtivéronse os terreos precisos para a construcción da rotonda, segundo actas de cesión asinadas entre a Alcaldía e os propietarios das parcelas ubicadas no cruce, o que supón a posta a disposición dun total de 352,20 metros cadrados dun total de 5 parcelas diferentes. Este acordo de posta a disposición dos terreos será ratificado no Pleno da Corporación. O Concello agradece a sensibilidade e colaboración dos propietarios para axilizar a construcción desa rotonda e así eliminar o elevado risco de accidente que sufre aquel punto. A posta a disposición dos terreos vai condicionada ó cumplimento pola Xunta de Galicia dos compromisos relativos á reposición dos bens que resultan afectados pola obra, dos propietarios que ceden o solo.
Asimesmo desde a Concellería de Obras contactouse coas empresas de telefonía e electricidade co obxeto de valorar o retranqueo das liñas afectadas pola obra e solicitase á Xunta de Galicia que a obra contemple a construccion de beirarrúas, pasos de peóns e iluminación no entorno da rotonda.
A parroquia de Dorneda está experimentando nos últimos anos unha importante mellora das infraestructuras de seguridade vial mediante obras municipais en estradas autonómicas e provinciais, como as beirarrúas entre a Igrexa Parroquial e Santa Cruz, as beirarrúas entre Abeleiras e Santa Cruz e agora, coa posta a disposición dos terreos para a rotonda de Abeleiras.
Ademáis o Concello traballa na xestión dos terreos precisos para a construcción dunha beirarrúa entre Abeleiras e Pousada en Oleiros, co obxeto de solicitar á Xunta de Galicia a súa construcción. Fonte web municipal.
Votar favorito (42) | Visto: 2857
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |