|
OLEIROS INAUGURA MAÑAN SABADO A SENDA PEONIL DE GALERAS |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
25/04/08 |
A zona entre o porto
de Santa Cruz e as Galeras está a experimentar unha grande transformación urbana
con varias obras en execución. Ademáis da nova
urbanizacion de Meixón Frío que vai dotar á localidade de novos equipamentos
entre os que destaca unha nova pista deportiva ubicada entre a rúa Meixón Frío e
a rúa Maria Soliña, levouse a cabo nos últimos meses unha actuación de gran
importancia para o lecer e a comunicación peonil pola costa entre Santa Cruz e
Bastiagueiro, deseñada dende a Concellería de Obras Públicas do Concello de
Oleiros.
Esta actuación consistiu na construcción dunha senda pola beira do mar entre o
extremo do paseo marítimo de Santa Cruz na zona do Porto Covo, e o parque das
Galeras. A carencia desta comunicación impedía un mellor desfrute deste gran
parque costeiro de Bastiagueiro por parte dos veciños de Santa
Cruz.
O obxetivo das obras que tiveron un importe total de 257.000
euros, foi habilitar un camiño peonil entre eses dous lugares, ademais de
mellorar a xardiñeiría e arborado do parque das Galeras.
A
solución para este camiño foi complexa dado o abrupto da zona de costa entre
eses dous lugares. Ademáis de ter unha grande pendiente, o acantilado preséntase
pouco consolidado polo que era dificil habilitar un paso seguro. Optouse por
dispoñer unha senda de madeira sobre pilotes clavados no chan que se vai
adaptando ás condicións do terreo sen transformar éste, sendo inevitábel
dispoñer chanzos no trazado. A senda de madeira atravesa unha agreste zona de
piñeiros e castaños e dende ela desfrútase dunha fermosa panorámica da illa do
Castelo de Santa Cruz.
Ademais desta
senda, no parque de Galeras realizouse unha entresaca de eucaliptos e a
plantación de novas especies así como a colocación de mobiliario
urbano.
A inauguración desta fermosa senda terá lugar o
próximo sábado ás doce horas da mañá, sendo o punto de encontro o parque das
Galeras.
Fonte Web municipal
Votar favorito (38) | Visto: 1419
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |