Te proponemos una serie de enlaces web, blogs, photoblogs, metroflog... de nuestra localidad.
Nos ha parecido interesante desde esta web, incluir los enlaces más atractivos, útiles o divertidos que hemos encontrado.
y lo incluiremos a la mayor brevedad.
|
CURSOS PARA PREVER DENDE O EIDO FAMILIAR O CONSUMO DE DROGAS E ALCOHOL EN XENTE NOVA |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
22/04/08 |
O CONCELLO DE OLEIROS REALIZARÁ DIFERENTES CURSOS DIRIXIDOS A PAIS, NAIS E OUTROS INTERESADOS PARA PREVER DENDE O EIDO FAMILIAR O CONSUMO DE DROGAS E ALCOHOL EN XENTE NOVA E UN CURSO DE MEDIADORES XUVENÍS EN EDUCACIÓN PARA A SAÚDE.
Estas actividades
enmarcase no programa municipal de EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E PREVENCIÓN DE
DROGAS E ALCOHOL que traballa, principalmente, con mozos e mozas de Oleiros,
co obxecto xeral da coordinación de accións preventivas de consumo de drogas,
favorecendo a adquisición de hábitos de vida saudables a través de obradoiros
nos centros de ensino, así como acadar unha participación integral da comunidade
nas accións preventivas levadas a cabo fora do eido escolar.
Con
este programa o Concello de Oleiros pretende acadar dous principias obxectivos,
por una lado, o de poñer a disposición dos mozos e mozas de Oleiros información
e formación en prol de evitar problemáticas asociadas ao consumo de drogas, e
por outro lado, implicar a toda a comunidade nesta estratexia para a
potenciación de hábitos de vida saudables.
*
CURSOS DIRIXIDOS A PAIS, NAIS E OUTROS INTERESADOS Estes cursos pretenden convertirse nun espacio
partipativo onde os pais e nais poidan reflexionar, debater, asesorarse e
informarse sobre aquelas cuestións relacionadas coa educación para a saúde e a
prevención de drogas e alcohol na xuventude.
Un dos axentes
máis importantes co que actuar para acadar os obxectivos do programa son as
ANPAS. Así, O Concello de Oleiros ofrece a traves destas entidades obradoiros
dirixidos a pais, nais e outros interesados que versarán sobre as seguintes
temáticas: apoio ao estudio, comunicación na familia, educación para os afectos,
habilidades sociais, prevención de drogodependencias, educación afectiva sexual,
…
* CURSO DE MEDIADORES XUVENÍS EN EDUCACIÓN PARA
A SAÚDE Este curso vai
dirixido a rapaces e rapazas do Concello de Oleiros de entre 16 e 20 anos e
realizarase en cinco sesións moi dinámicas de catro horas de duración cada unha
todos os venres a partir do 9 de maio de 16 a 20 horas no Centro Municipal de
Formación.
Aquelas persoas que estén interesadas en facer
algún destes obradoiros ou recibir máis información ao respecto poden chamar ao
981 610 000 ext: 1216 ou facer a súa consulta a través do correo electrónico
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Web municipal
Votar favorito (40) | Visto: 1384
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |