Poco a poco iremos incluyento los lugares típicos de nuestra localidad. Si conoces alguno interesante, envíanoslo a webxoven@gmail.com y será incluído.
|
Programa Ven e Descubre 2008. Concello de Oleiros |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
15/04/08 |
Programa de
excursionismo e sendeirismo para persoas maiores.
Baixo a denominación de “AS RUTAS DA AUGA “ os Servizos
Sociais do Concello de Oleiros inician unha nova edición do programa de
excursionismo e sendeirismo VEN E DESCUBRE . Nos itinerarios seleccionados para
este ano 2008 se traballará sobre a importancia e a necesidade de valorar “A
AUGA” como recurso natural que debe protexerse.
O Programa VEN
E DESCUBRE desenvolvese a través dos Servizos Sociais dentro do programa de
Animación e Cooperación Social. O obxectivo é favorecer as persoas maiores o
coñecemento do entorno a través dun proceso socio educativo.
Neste programa ofrécense rotas adaptadas o
colectivo de persoas maiores en dous formatos diferentes, a través de excursións
en autobús con grupos de 100 persoas que realizan pequenos itinerarios culturais
guiados en grupo, e rotas de sendeirismo no que participan grupos de 40
persoas.
Ofertase un total de 2580 prazas nas que poden
participar as persoas maiores de 60 anos empadroadas en Oleiros
.
O programa ofrece a posibilidade de realizar diferentes
itinerarios pola xeografía galega co obxectivo de que as persoas maiores coñezan
a fondo e gozar dos espazos naturais e culturais de Galicia.
Nos
itinerarios programados se realizan diferentes actividades (visitas a museos e
centros de interpretación, itinerarios guiadas por centros históricos, roteiros
culturais, roteiros naturais, visitas a centros laborais, rutas de sendeirismo).
A través destas actividades queremos que os maiores participen activamente na
valoración do seu entorno, que aprecien e respecten o patrimonio natural e
cultural e sintan que a pertenza o colectivo de maiores non lles exclúe do
acceso o coñecemento. As actividades favorecen a relación entre compañeiros e
ofrecen a posibilidade de poder practicar unha actividade física con seguridade
que mellora o estado de saúde.
Preme aquí para descargar o pdf con tódala
información
Fonte orixinal concello de Oleiros
Votar favorito (42) | Visto: 1375
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |