Libro de visitas | Tamaño letra |
|---|
| Usuarios |
|---|
| Inicio | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Mas ... | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Ads by Google |
|---|
| Empleo | |
|---|---|
|
| Entretenimiento | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
| Recomendamos | |
|---|---|
|
| Escriben | ||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Otros blogs |
|---|
|
www.corunacity.com www.culleredoxove.com www.carralxoven.com www.cambrexoven.com www.oleirosxoven.com www.betanzosweb.com www.melidexove.com |
| Webs amigas |
|---|
| O MAR COMO TEMA CENTRAL DA SEMÁN DO LIBRO E A LECTURA NO AUDITORIO GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ DE MERA |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 27/03/08 | ||||||
|
A INAUGURACIÓN será o Domingo 30 de marzo ás 12 Horas e actuará o Grupo Migallas co espectáculo “Canta connosco” que é unha mestura de cancións con accións dramáticas e alumnado do IES Neira Vilas que realizarán unha actuación musical titulada “Sons Mareiros”, interpretando as seguintes cancións: Lela de Castelao, Canon de J. Pachelbel, Round Dance e Riverside de Sheila Nelson, Devil´s dream e Negra sombra de Juan Montes. Do luns, 31 de marzo ao venres 4 de abril todas as mañás haberá actividades para alumnado dos centros de ensino público con obradoiros de teatro a cargo de Carolina Ramos e de Jorge Castro, de ilustración por Ana Pillado, de educación ambiental por Terranova, de expresión escrita a cargo de Lucía Rodríguez Fernández, de banda deseñada con Kiko Da Silva, de contacontos con Celso Fernández Sanmartín, de animación á lectura con Antón Cortizas, de monicreques a cargo de Galitoon e de lectura creativa con Sabela Gago. Polas tardes, haberá obradoiros para o profesorado e actividades para o público en xeral, tanto para as familias, como contacontos para os nenos e nenas. Os obradoiros para o profesorado correrán a cargo de Sechu Sende en animación á expresión escrita, con Carolina Ramos en expresión teatral, con Terranova en educación ambiental, con Sabela Gago en animación á lectura e con José Tomás en ilustración. Os contacontos para os nenos e nenas serán ás 19 horas: O luns, día 31, actuará a Compañía Trinke-Trinke; o martes, 1 de abril, contarase con Charo Pita; o xoves, día 3, con Fátima Fernández e o venres, día 4, con Benxamín Míguez. O martes, 1 de abril, ás 19 horas, contarase coa presencia de Natacha Roibás que fará unha proposta de “Animación á lectura desde a casa” para pais e nais, con dinámicas de animación á lectura, a importancia de contarlles contos e lerlles desde as idades máis temperás como forma de estimular a imaxinación e facer animación previa á lectura cos nenos e nenas. O Mércores, 2 de abril, ás 19 horas, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil vaise realizar unha actividade especial coa actuación de “The Pinga Teatro” que representarán a obra “O rei dos mares” e alumnado do IES María Casares realizarán un recital de poesía e unha actuación musical. A CLAUSURA será o sábado, 5 de abril, ás 12 horas, coa actuación de OS QUINQUILLÁNS coa obra “O Mago de Oz” e o Concerto da Orquestra de Cámara da Escola Municipal de Música de Oleiros. Así mesmo pódese visitar: Exposición de libros sobre o MAR Exposición de materiais elaborados por alumnado dos centros de ensino público e usuarios das bibliotecas municipais. Exposición de ilustradoras e ilustradores - Galix: Vai de mar - Anxo Fariña: O camiño de Anxo - 12 ilustracións para 12 libros. Gabriela Rubio “Ven navegar con nós nesta semana dos libros, tócalles, míraos, xoga con eles e descubrirás ... un mar de sensacións.” Horario de visitas ás exposicións: durante a semana permanecerán abertas de 10 a 14 h. para os centros de ensino, e de 17:00 a 20:00 para o público en xeral. Fonte: lista de correos de Oleiros Votar favorito (41) | Visto: 2110
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons