Inicio arrow Chistes diarios
Tamaño letra
A+ | A- | Reset
Usuarios
Inicio
Inicio Inicio
Mapa del sitio
Nuestra localidad
Calendario de eventos
Directorio local
Buscar en este sitio
Mas ...
Chat Chat
Libro de visitas
Anuncios gratis
Foros Foros
Encuestas
Usuarios de la web
Fotos de los usuarios
Ads by Google
Empleo
Ofertas de empleo
Entretenimiento
Postales para enviar
Chistes diarios
Traduce con google
Horóscopo
Juegos
Recomendamos
Webs útiles Webs útiles
Escriben
admin (262 art.)
Antonio (50 art.)
anxo (34 art.)
censuras (8 art.)
El enterrador (26 art.)
gelines (41 art.)
liberdade (1 art.)
neboa21 (2 art.)
Olalla (1 art.)
paco (1 art.)
thaismayor (28 art.)
Thor (4 art.)
Otros blogs
www.corunacity.com
www.culleredoxove.com
www.carralxoven.com
www.cambrexoven.com
www.oleirosxoven.com
www.betanzosweb.com
www.melidexove.com
Webs amigas
 


Google

O MAR COMO TEMA CENTRAL DA SEMÁN DO LIBRO E A LECTURA NO AUDITORIO GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ DE MERA PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
27/03/08
A Semana do Libro e a lectura, promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e coordinada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros, terá como tema central O MAR e realizarase do 30 DE MARZO AO 5 DE ABRIL, NO AUDITORIO GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ E NA CASA DO POBO DE MERA.

A INAUGURACIÓN será o Domingo 30 de marzo ás 12 Horas e actuará o Grupo Migallas co espectáculo “Canta connosco” que é unha mestura de cancións con accións dramáticas e alumnado do IES Neira Vilas que realizarán unha actuación musical titulada “Sons Mareiros”, interpretando as seguintes cancións: Lela de Castelao, Canon de J. Pachelbel, Round Dance e Riverside de Sheila Nelson, Devil´s dream e Negra sombra de Juan Montes.
Do luns, 31 de marzo ao venres 4 de abril todas as mañás haberá actividades para alumnado dos centros de ensino público con obradoiros de teatro a cargo de Carolina Ramos e de Jorge Castro, de ilustración por Ana Pillado, de educación ambiental por Terranova, de expresión escrita a cargo de Lucía Rodríguez Fernández, de banda deseñada con Kiko Da Silva, de contacontos con Celso Fernández Sanmartín, de animación á lectura con Antón Cortizas, de monicreques a cargo de Galitoon e de lectura creativa con Sabela Gago.
Polas tardes, haberá obradoiros para o profesorado e actividades para o público en xeral, tanto para as familias, como contacontos para os nenos e nenas.
Os obradoiros para o profesorado correrán a cargo de Sechu Sende en animación á expresión escrita, con Carolina Ramos en expresión teatral, con Terranova en educación ambiental, con Sabela Gago en animación á lectura e con José Tomás en ilustración.

Os contacontos para os nenos e nenas serán ás 19 horas:
O luns, día 31, actuará a Compañía Trinke-Trinke; o martes, 1 de abril, contarase con Charo Pita; o xoves, día 3, con Fátima Fernández e o venres, día 4, con Benxamín Míguez.
O martes, 1 de abril, ás 19 horas, contarase coa presencia de Natacha Roibás que fará unha proposta de “Animación á lectura desde a casa” para pais e nais, con dinámicas de animación á lectura, a importancia de contarlles contos e lerlles desde as idades máis temperás como forma de estimular a imaxinación e facer animación previa á lectura cos nenos e nenas.
O Mércores, 2 de abril, ás 19 horas, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil vaise realizar unha actividade especial coa actuación de “The Pinga Teatro” que representarán a obra “O rei dos mares” e alumnado do IES María Casares realizarán un recital de poesía e unha actuación musical.

A CLAUSURA será o sábado, 5 de abril, ás 12 horas, coa actuación de OS QUINQUILLÁNS coa obra “O Mago de Oz” e o Concerto da Orquestra de Cámara da Escola Municipal de Música de Oleiros.

Así mesmo pódese visitar:

Exposición de libros sobre o MAR

Exposición de materiais elaborados por alumnado dos centros de ensino público e usuarios das bibliotecas municipais.

Exposición de ilustradoras e ilustradores
- Galix: Vai de mar
- Anxo Fariña: O camiño de Anxo
- 12 ilustracións para 12 libros. Gabriela Rubio

“Ven navegar con nós nesta semana dos libros, tócalles, míraos, xoga con eles e descubrirás ... un mar de sensacións.”

Horario de visitas ás exposicións: durante a semana permanecerán abertas de 10 a 14 h. para os centros de ensino, e de 17:00 a 20:00 para o público en xeral.
Fonte: lista de correos de Oleiros


Votar favorito (42) | Visto: 2118

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons