error

Unable to get weather data from Google.
Service is offline.

www.oleirosxoven.com

Colabora escribiendo tus noticias
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado alejandra carbone dijo:
2010-03-08 19:46:34
Intento conectarme con vecinos y amigos de oleiros despuesnde tanto tiempo. Mi mail es karakola77@yahoo.com
Invitado visto dijo:
2010-03-01 13:57:22
visto
Invitado AMIGOSPORTINCAMBRE dijo:
2010-02-24 08:07:46
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo
Invitado Gonzalo dijo:
2010-02-18 16:41:16
A ver si la gente se queja, y solicita la ampliación del paseo marítimo entre San Pedro de Nos y el Puente Pasaje. Es una verdadera pena que no temga continuidad. Además, hay mucha gente de San Pedro que para ir a la playa de Sta Cristina en verano, va andando y tienen que ir por la carretera.

Top Autores

admin: 430 Articles
Antonio: 86 Articles
gelines: 68 Articles
El enterrador: 43 Articles
anxo: 41 Articles
thaismayor: 26 Articles
censuras: 12 Articles
Domodesk: 11 Articles
Thor: 8 Articles
flagbeer: 3 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Snake
Veces jugadas: 485
 
Lanzamiento de jabalina
Veces jugadas: 622
 
Penguin Push
Veces jugadas: 581
 
Tetris
Veces jugadas: 526
 
Fórmula 1
Veces jugadas: 606
 

Usuarios en linea

Tenemos 322 invitados conectado(s)
Hora do conto nas bibliotecas municipais de Oleiros
Blogs - Educación
10403 hits
Escrito por Antonio   
Lunes, 02 de Marzo de 2009 03:00
As Bibliotecas de Oleiros organizan, unha tempada máis, a actividade da Hora do conto. Entre os meses de febreiro a xuño realizaranse 85 sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 2 e os 10 anos. Todos os actos terán lugar ás 18.30 h.
Realizaranse en todas as bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.

Os obxectivos que se intentan conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e outros nenos.
As persoas encargadas do desenvolvemento das actividades son Carmen Domech, Pablísimo, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Marisa Irimia, Inés Cuadrado, Leticia Dotras e a Compañía Trinke-Trinke (David, Maruxa e Isabel cos “Ratos da biblioteca”) que narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo, será os xoves.
Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, terá lugar os mércores.
Na Biblioteca Manuel María de Oleiros realizarase os martes 3, 17 e 31 de marzo, 21 de abril, 5 e 19 de maio e 2 de xuño. Na Biblioteca Mª José Trincado de Mera será os venres, 20 de febreiro, 6 e 27 de marzo, 3 e 17 de abril, 8 e 22 de maio e 5 de xuño. Na Biblioteca de Dorneda terá lugar os luns, 2, 16 e 30 de marzo, 20 e 27 de abril, 4 e 18 de maio e 1 de xuño. Na Biblioteca Federico García Lorca de Montrove será os martes, 10 e 24 de marzo, 14 e 28 de abril e 12 e 26 de maio. Na Biblioteca “Ánxel Fole” de Nós realizarase os venres, 27 de febreiro, 13 e 27 de marzo, 3 e 24 de abril e 15 e 29 de maio. Na Biblioteca “Xograr Mendiño” de Lorbé realizarase os martes, 3, 17 e 31 de marzo, 14 e 21 de abril e 5 e 19 de maio.

Preténdese introducir os nenos e as nenas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse. A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e a capacidade de fabulación de quen escoita, polo que se tratará de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

Fonte:
boletín concello de Oleiros
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.