|
escrito por vero
|
|
14/02/08 |
O deporte minoritario, adaptado ou non, carece de interese. Salvo uns poucos deportes e outros poucos deportistas, os atletas, teñamos ou non unha discapacidade, sabemos que isto é unha afección que poucas veces se converte nunha profesión. E non ten por que cambiar. Ó final trátase de desenvolver un labor que te volve mellor persoa, que te enriquece e fai madurar. Así que non importa tanto que o deportista se vexa recompensado coa fama. Pero si me gustaría que cambiase o concepto que a sociedade ten do deporte adaptado, porque, coas súas características propias, tamén é un espectáculo, realizado por homes e mulleres que buscan metas e que lle ofrecen o seu esforzo ó público.
Porén precisamos dun centro especializado en deporte, que combine o deporte de Competición co deporte de base.
Votar favorito (34) | Visto: 955
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |