|
CARTA ABERTA E DESPEDIDA DE ANTON TENREIRO |
|
|
|
|
escrito por vero
|
|
25/09/07 |
CARTA ABERTA DE DESPEDIDA DE ANTÓN TENREIRO
Estimados/as veciños e veciñas:
Acabo de apresentar a miña renuncia como Concelleiro despois de oito anos representando a milleiros de veciños na corporación.
Os cargos públicos non son vitalicios e, polo tanto, as persoas que os ocupamos, debemos dar exemplo de renovación e traballo pola consolidación dun proxecto político colectivo e en nengún caso persoal. A colaboración de militantes e simpatizantes do BNG de Oleiros fixo que o traballo desenvolvido fose gratificante e positivo, polo que lles estou e estarei sempre moi agradecido.
O BNG apresentou comigo de candidato a súa primeira lista no concello de Oleiros e neste período desde o ano 1999, o BNG é xa un proxecto diferenciado e con voz propria. Oleiros non é unha illa e por iso o seu futuro vai necesariamente ligado ao futuro de Galiza como nación, e o BNG de Oleiros seguirá a traballar para pór Oleiros e Galiza no lugar que por dereito lles corresponde.
Agora, toma o relevo a compañeira Fina Quintáns, que terá todo o apoio da organización e contará especialmente comigo para o que precise no seu novo labor.
Estou certo de que o proxecto político do BNG é o instrumento para mellorarmos as cousas en Oleiros e no noso País e, polo tanto, as persoas do BNG que nos representan, son tamén as indicadas para poren por diante de todo os intereses colectivos da cidadanía galega. Por iso o futuro do BNG en Oleiros está garantido.
A compañeira Fina Quintáns será nun tempo inmediato a referencia local do nacionalismo e o garante da continuidade do noso proxecto político para Oleiros. Deséxolle toda a sorte do mundo e aproveito para vos saudar a todos e todas.
Un saúdo nacionalista.
Antón Tenreiro
En Oleiros, a 24 de Setembro de 2007
Votar favorito (42) | Visto: 1668
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |