-
ADEGA realizará un estudo sobre alternativas profesionais no medio natural do Courel
Lugo, 21 de agosto de 2008. ADEGA está a realizar un estudo promovido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pertencente á Consellería de Traballo, co obxecto de analisar as posibilidades de emprego en termos de sustentabilidade que ofrece, pola súa singular riqueza natural o Concello de Folgoso do Courel, e por extensión esta comarca do interior de Galiza. É posíbel compatibilizar o desenvolvemento económico do Courel coa protección do medio natural, e xerar emprego con iniciativas baseadas na conservación.
-
O Castelo de Pambre: outro Ben de Interese Cultural que permanece pechado ao público
Palas de Rei, 18 de agosto de 2008. No pasado domingo 17 de agosto (Día da Galiza Mártir) celebrouse a V edición da Marcha Irmandinha coa reividicación da apertura do Castelo de Pambre para o público e coincidindo coa 1ª Festa do Patrimonio. A marcha discurriu dende Palas de Rei (capitalidade do concello) até o castelo en Pambre. Veciños/as e asociacións da comarca xunto con ADEGA reclaman a tutela pública deste BIC, para que non esmoreza fronte á desidia dos seus propietarios.
-
A nova Rede Natura litoral, á medida da industria acuícola e eólica
Laxe Brava (index.php?option=com_content&task=view&id=1000&Itemid=2), 308.000 m2, figuraba en 2007 incluido dentro do LIC para caerse da proposta en 2008. E hai máis baleiros en Quilmas, Merexo, Camelle, Ribadeo... MARCHANDO UNHA REDE NATURA Á CARTA! Baixa a presentación A REDE NATURA LITORAL (3.57 MB)
-
Estoupa unha planta de gas en Toronto con miles de evacuados. REGANOSA é 2000 veces maior
11 de agosto de 2008. O pasado día 10 de agosto na cidade canadiana de Toronto produciuse unha explosión de 220.000 litros de gas propano. Milleiros de persoas deberon ser evacuadas nun radio de 1,6 Km. REGANOSA posúe en Ferrol unha planta de gas licuado cunha capacidade 2000 veces maior que os depósitos de Toronto. Si esta emerxencia acontecera en REGANOSA, habería que evacuar á totalidade da poboación de Ferrol, de Mugardos e Fene. No entanto, o ridículo Plan de Emerxencia Exterior de REGANOSA só contempla como máxima area de afectación 400 metros!!!
-
A Xunta de Galiza segue a tramitar minicentrais hidroeléctricas en Mondoñedo
Mondoñedo, 9 de agosto de 2008. A empresa NORVENTO ven de presentar un proxecto para construción dunha minicentral hidráulica no río Figueiras, en Mondoñedo. A concesión desta explotación remóntase ao ano 2000 e conta cun Estudo de Efectos Ambientais do ano 1996!!. Despois de 12 anos, en 2008 Augas de Galiza (dependente da Consellería de M. Ambiente) considera innecesario facer un novo estudo ambiental da zona, para ter en conta os cambios na lexislación ambiental acontecidos durante máis dunha década.
-
Se hai vontade, podemos salvar a costa! Laxe Brava, espazo natural de interese local
7 de agosto de 2008. ADEGA e a Laxe Brava (http://salvemoslaxebrava.blogspot.com/) (Corrubedo) Diante das intencións da Consellería de Pesca –coa complicidade indignante (index.php?option=com_content&task=view&id=942&Itemid=2) de Medio Ambiente– de esnaquizar 308.000 m2 de litoral corrubedense virxe na punta da Laxe Brava co Plano Acuícola, o Concello de Ribeira pode escudarse na Lei Galega de Conservación da Natureza para afastar un dos seus espazos emblemáticos das poutas das transnacionais e a especulación. Se hai vontade política, pódese salvar a costa!
-
ADEGA e 'Matar por Matar, NON' por unha Galiza sen touradas
Matar por Matar NON (http://matarpormatarnon.org/), apoian a campaña “Galiza mellor sen touradas” (http://www.galiciamellorsentouradas.org/portada_gal.html) así como as mobilizacións da asociación Pontevedra antitaurina (http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/). Razóns de índole ético e de respecto aos animais, contra a tortura e pavor que senten cando son utilizados como obxectos de divertimento sádico, que para os que as fomentan e participan nestas barbaridades parecen non ser dabondo. Somos un pobo que sempre convivíu e compartíu o traballo con estes animais. Os galegos/as temos moitas razóns para estar agradecidos/as aos nosos bóvidos e loitar polo seu benestar para que non sexan masacrados en espectáculos bárbaros. Moito é que lles debemos!
-
O plano viario "Vigo Íntegra" fomentará o despilfarro enerxético
4 de agosto de 2008. ADEGA esixirá unha revisión profunda do plano sectorial denominado Vigo Íntegra” (http://www.cptopt.xunta.es/portal/webdav/site/cptopv/shared/es/pdfs/dxop/Planes%20actuacion/Vigo_Integra/VIGO_INTEGRA.pdf), plano viario integral para a área de Vigo que presentou a Dirección Xeral de Obras Públicas o pasado 17 de xullo. Se hai algunhas actuacións positivas, quer a construción de carrís bici ou de aparcamentos disuasorios na contorna de Vigo, ADEGA entende este Plano, que aposta pola construción de quilómetros de autovías, provocará un incremento das emisións de CO2, metais pesados e acústica, perda de biodiversidade, destrucción de acuíferos, risco de enchentes, alén dun maior gasto para os dos usuarios/as. Chama a atención tamén a ausencia total de investimentos no ferrocarril de proximidade.
-
ADEGA apoia as mobilizacións de Pontevedra Antitaurina do vindeiro 9 de agosto
Pontevedra, 1 de agosto de 2008. ADEGA comparte as reivindicacións de Plataforma Antitaurina e quere manifestar publicamente o seu apoio á convocatoria dunha mobilización o día 9 de agosto en Pontevedra contra as touradas que se celebran nesta cidade co gallo das festas da Peregrina. ADEGA quere manifestar a súa máis enérxica repulsa ás touradas, un acto execrábel onde se tortura e asasina publicamente a un animal nun espectáculo de ocio más típico dos circos do Imperio Romano que do século XXI. As administracións galegas deben deixar de financiar esta barbarie!
-
Minicentrais e muíños a dedo: o saqueo do país non pode quedar impune
31 de xullo de 2008. O informe do Consello de Contas (http://www.ccontasgalicia.es/pdf/INFORMES/ADMINISTRACION_COMUNIDADE_AUTONOMA/ADMINISTRACION_INSTITUCIONAL/2005/Augas_Galicia_2005_G.pdf) pon de actualidade o que ADEGA e COGADER (Coordenadora Galega en Defensa dos Ríos) denunciaron xa hai anos: o escandaloso proceder dunha administración que utilizaba os nosos recursos naturais para o reparto de prebendas entre amigos, cuñados, etc. através da concesión irregular de encoros e parques eólicos. Foi xa que logo, un saqueo (index.php?option=com_content&task=view&id=876&Itemid=62) en toda regra. Mais ADEGA quere ir máis aló de esixir responsabilidades políticas e penais (que xa investiga o fiscal) aos culpábeis deste saqueo. O actual governo ten o deber de non ser cómplice deses manexos, e impedir que continúe tramitación de minicentrais concedidas irregularmente. Hai mecanismos como a caducidade ou o resgate das concesións, a revisión dos estudos e declaracións de impacto e mesmo a anulación das adxudicacións polos motivos que aponta o Consello de Contas, que a Xunta debería exercer para non ser cómplice dos manexos de Ordás Badía, Castro Valdivia, Fontenla (http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2340&pIdSeccion=2&pIdNoticia=97311), Paco Vázquez (http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2343_2_97837__A-Coruna-/-Metro-negocios-aire) e demáis compaña.
|