|
OLEIROS SOLIDARIO
|
| (19/02/08) escrito por anxo |
Mañá día 20 de febreiro ás 13.20 h os alumnos/as de 2º da ESO do IES Neira Vilas do Concello de Oleiros recibirán a visita dun xoven senegalés.
Esta actividade enmarcase no proxecto Oleiros Solidario promovido polo Concello de Oleiros co obxecto de ofrecer ós/ás xóvenes dos centros de ensino secundario do municipio unha formación na que traballarán todos aqueles valores que teñen que ver co concepto da “solidariedade”, tratando de conciencialos de que todos os cidadáns, como membros dunha sociedade activa, temos unha responsabilidade coa mesma e que podemos comezar pola implicación nos asuntos de carácter local, favorecendo , polo tanto, ao desenvolvemento da nosa propia comunidade.
Adamá, que así se chama o convidado, establecerá un diálogo cos rapaces/as, para achegarlles, dende a súa experiencia persoal, o traballo que as entidades de acción social e de cooperación para o desenvolvemento de Galicia están a realizar co fin de cubrir todas aquelas necesidades ás que a administración non pode chegar . Adamá, contará cómo ao chegar a Galicia tivo o apoio de persoas voluntarias que pertencían a unha asociación de carácter non lucrativo para a súa alfabetización e orientación socio-laboral.
A través da visita os alumnos/as, comprobarán como a participación cidadá, neste caso expresada a través da acción voluntaria, constitúe un dos pilares básicos da democracia, dado que os voluntarios/as contribúen coa súa labor ao benestar das persoas dunha comunidade, sobre todo aquelas que se atopan en situación de vulnerabilidade ou exclusión social.
Adamá, tamen estará o 11 de marzo no IES Miraflores e o 13 do mesmo mes no IES María Casares. Fonte Lista novas de Oleiros |
| [Volver] |