|
MITIN DO BNG NA CORUÑA HOXE CON ANXO QUINTANA, AVIA GONZÁLEZ, FRANCISCO JORQUERA E HENRIQUE TELL
|
| (06/03/08) escrito por vero |
|
Hoxe ás 20h30 terá lugar o mitin principal na Coruña de final de
campaña no PALEXCO na Coruña. Falarán no acto o candidato nº 1 pola
provincia da Coruña, Francisco Jorquera, o Portavoz Nacional e
Vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, a candidata ao
Senado, Avia González Veira, e mais o 1º Tenente de Alcalde do Concello
da Coruña, Henrique Tello. |
|
domigo á 12 debate na ser
|
| (01/03/08) escrito por vero |
| O Domingo ás 12 na Cadena SER, en "El coruñés opina" debate a tres bandas entre BNG, PSOE e PP.
Jorquera, Molina e Erias, cabezas de lista pola provincia da Coruña debatirán sobre as propostas para estas eleccións xerais.
|
|
Benestar convoca as axudas para investimento, mantemento e promoción de actividades das entidades de
|
| (25/02/08) escrito por vero |
| A Vicepresidencia da Xunta, a través da Secretaría Xeral do Benestar, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde que regula as subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais
Esta orde de axudas diríxese a aquelas entidades que levan a cabo programas e prestan servizos sociais nos seguintes niveis de atención e áreas de actuación: servizos sociais de atención primaria (como programas de axuda no fogar, inserción social ou programas de asesoramento), servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade, servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores e servizos sociais especializados na área de atención aos menores. |
|
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
|
| (20/02/08) escrito por vero |
| O 21 de febreiro de cada ano celébrase o Día Internacional da
Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia
Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo
lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o
recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en
especial, as das minorías.
|
|
O VALOR DA SUPERACIÓN
|
| (14/02/08) escrito por vero |
|
O deporte minoritario, adaptado ou non, carece de interese. Salvo uns poucos deportes e outros poucos deportistas, os atletas, teñamos ou non unha discapacidade, sabemos que isto é unha afección que poucas veces se converte nunha profesión. E non ten por que cambiar. Ó final trátase de desenvolver un labor que te volve mellor persoa, que te enriquece e fai madurar. Así que non importa tanto que o deportista se vexa recompensado coa fama. Pero si me gustaría que cambiase o concepto que a sociedade ten do deporte adaptado, porque, coas súas características propias, tamén é un espectáculo, realizado por homes e mulleres que buscan metas e que lle ofrecen o seu esforzo ó público.
Porén precisamos dun centro especializado en deporte, que combine o deporte de Competición co deporte de base. |
|
O 065 EN FUNCIONAMENTO
|
| (31/01/08) escrito por vero |
|
Vicepresidencia xa puso a funcionar os vehículos adaptados para que as persoas dependentes poidan acceder aos Centros de Día. Estes centros defínense como centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio as familias que durante o día prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual . |
|
POR UNHA GALIZA FORTE EN MADRID
|
| (21/01/08) escrito por vero |
| O domingo día 20 presentouse a precampaña para as Eleccións Xerais co candidato número 1 do BNG pola Coruña ao Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, e a candidata ao Senado pola Coruña Avia González na Casa Charry de Oleiros O acto foi presentado polo responsábel local do BNG de Oleiros, Xurxo Dopico, e nel tamén interviron a portavoz local de Oleiros, Fina Quintáns
|
|
I XORNADAS DA LINGUA LITERATURA E NACIÓN: CARVALHO CALERO
|
| (16/01/08) escrito por vero |
|
I Xornadas Lingua Literatura e Nación Carvalho Calero
O Comité de Filoloxía da Coruña organizou para os días 16, 17 e 18 de Xaneiro as I Xornadas Lingua, Literatura e Nación: "Ricardo Carvalho Calero" que se desenvolverán no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Coruña. A matrícula é de balde, e o prazo para se apuntar é até o día 16 de Xaneiro ás 16:00 horas. Están solicitados 2 créditos de Libre Elección pola UdC |
|
SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR O USO DA LINGUA GALEGA
|
| (09/01/08) escrito por vero |
| Resolución do 26 de decembro de 2007 pola que se regula a concesión de subvencións, en réximen de concurrencia competitiva, a entidades privadas sen fin de lucro para incrementar os usos da lingua galega nos eidos da familia, da infancia, da xuventude e tempo de lecer.
|
|
FELIZ ANINOVO 2008
|
| (29/12/07) escrito por vero |
|
PARABÉNS E FELIZ 2008 |
|
ANXO QUINTANA AGRADECE O APOIO DO PARLAMENTO Á TRANSFERENCIA DO TRÁFICO
|
| (28/12/07) escrito por vero |
| O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana agradeceu hoxe en nome do Goberno galego a todos os grupos políticos a “iniciativa e a unanimidade” amosada hoxe no Parlamento para abrir un camiño que terá que rematar coa aprobación dunha lei orgánica no Congreso dos Deputados. A Cámara galega aprobou esta mañá unha proposición de lei conxunta para reclamar ao Estado a transferencia do tráfico a Galiza . Para Quintana este “era o único camiño posible.
Quintana asegurou hoxe no Parlamento que “o autogoberno se constrúe a base de espazos de decisión propia, pero, sobre todo, da vontade política de exercer eses espazos de decisión”. O vicepresidente sinalou que é bo recoñecer, nun asunto tan problemático como a seguridade viaria os esforzos, que se realizaron dende todas as institucións neste eido e sinalou que “ese esforzo é o que hoxe nos da forza moral e política para dicir que queremos autorresponsabilizarnos de algo que podemos xestionar mellor dende nós mesmos |
|
TELÉFONO E TRANSPORTE ADAPTADO PARA PERSOAS DEPENDENTES
|
| (27/12/07) escrito por vero |
|
TELÉFONO E TRANSPORTE ADAPTADO PARA PERSOAS DEPENDENTES
(27/12/07) escrito por vero
Estado: Publicado
Dende o día 21 de decembro deste ano, xa é efectiva a concesión para Galiza do díxito telefónico 065 para o Transporte Adaptado .
Galiza é pioneira na posta en marcha dun servizo coma iste.
|
|
TELEFÓNO E TRANSPORTE ADPTADO PARA PERSOAS DEPENDENTES
|
| (27/12/07) escrito por vero |
|
Dende o día 21 de decembro deste ano, xa é efectiva a concesión para Galiza do díxito telefónico 065 para o Transporte Adaptado .
Galiza é pioneira na posta en marcha dun servizo coma iste.
|
|
BON NADAL
|
| (21/12/07) escrito por vero |
|
LEDO VEÑO DA MONTAÑA, E AOS MEUS AMIGOS TRAIOLLES FRORES DENDE A MONTAÑA VIMOS AQUÍ PARA DESEXARLLES, UN ANO FELIZ.
" BON NADAL E FELICES FESTAS A TODOS E A TODAS" |
|
ACTO PARA CONMEMORARMOS OS CEN ANOS DO HINMO GALEGO
|
| (20/12/07) escrito por vero |
| Hoxe 20 de decembro ás 20h00 no Teatro Rosalía de Castro:
A Vicepresidencia da Xunta de Galiza organiza o acto conmemorativo “A Nosa Voz Pregoa”.
Trátase dun acto en que participarán máis de 500 persoas, representantes do mundo da cultura, da economía e da política de Galiza. “A Nosa Voz Pregoa” consiste nun acto en que se mesturarán a música, a interpretación e a política. Intervirán o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a concelleira de Cultura do concello da Coruña, María Xosé Bravo. A Banda Municipal da Coruña interpretará a Alborada de Pascual Veiga, a Marcha do Antigo Reino de Galiza e o Himno Galego, acompañada da coral “Follas Novas”. No acto intervirán tamén o catedrático da Universidade da Coruña, Manuel Ferreiro, especialista na figura do autor do Himno Galego, Eduardo Pondal, e editor do texto do Himno, e os intérpretes Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. |
|
PROXECTO "REDEIRAS 2008"
|
| (15/12/07) escrito por vero |
| Vicepresidente da Xunta e Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, presentou onte no porto de Lorbé o Proxecto 'Redeiras 2008', un programa compartido entre a Vicepresidencia da Xunta, a Federación Galega e as Asociacións de Redeiras Artesás “para facer desta ocupación unha tradición viva e un traballo con futuro”. Na xuntanza de onte coas redeiras de Lorbé, Quintana informoulles de que ou seu departamento vai investir 600.000 euros neste proxecto, co que se pretende o fomento do asociacionismo das redeiras, achegar novos recursos formativos que permitan introducir melloras significativas nas condicións de traballo e salariais, fomentar a creación de cooperativas lideradas por mulleres e explorar novos nichos de mercado para os seus produtos. Quintana apostou, así mesmo, por reforzar as capacidades e recursos cos que conta a Federación Galega de Redeiras Artesás 'O Peirao' e as asociacións que nela están integradas, para poderen ampliar o número de socias e para se converteren na organización que represente os intereses das máis de 700 mulleres que traballan actualmente no sector. Anxo Quintana destacou como outro alicerce do 'Redeiras 2008' a promoción do cooperativismo, a través dunha liña de asesoramento e titorización para favorecer a creación de cooperativas de redeiras e a exploración de novos mercados para os produtos. Nesta visita do Vicepresidente e Portavoz Nacional do BNG ás redeiras de Lorbé, Anxo Quintana estivo acompañado da Portavoz do BNG no Concello de Oleiros, Fina Quintáns, do Responsábel Local do BNG, Xurxo Dopico, ademais de Carme Adán, Secretaria Xeral da Igualdade, e mais a Delegada Provincial de Vicepresidencia, Tereixa Novo. |
|
VISITA DE ANXO QUINTANA EN LORBÉ
|
| (13/12/07) escrito por vero |
|
ANXO QUINTANA VISITARÁ MAÑÁ SEXTA (VENRES) AS REDEIRAS DE LORBÉ
O Vicepresidente galego e Portavoz Nacional do BNG Anxo Quintana visitará mañá sexta 14 (venres) as redeiras de Lorbé ás 16:00 horas. O encontro terá lugar na nave que as redeiras teñen asignada para realizaren os seus traballos no porto de Lorbé. A visita enmárcase dentro dunha serie de contactos e actos que o Vicepresidente galego mantén con traballadoras e traballadores que desenvolven diferentes labores do mundo tradicional galego. O Portavoz Nacional do BNG e Vicepresidente da Xunta de Galiza estará acompañado pola Portavoz do BNG de Oleiros, Fina Quintáns, e mais o Responsábel do BNG de Oleiros, Xurxo Dopico, ademais de diversos membros do Consello Local do BNG de Oleiros |
|
O SISTEMA GALEGO DE BENESTAR
|
| (12/12/07) escrito por vero |
|
O vindeiro xoves día 13 de Decembro ás 20:00h, na Casa do Pobo de Nós o BNG de Oleiros organiza unha conferencia co título "O sistema galego de benestar" na que intervirán a Portavoz de Oleiros Fina Quintáns, o ex Portavoz e actual asesor do Consorcio Galego de Servizos de Benestar e Igualdade, Antón Tenreiro e a Delegada Provincial de Vicepresidencia, Tereixa Novo. O BNG de Oleiros quere agradecer a colaboración da Asociación de Veciños Os Rueiros de Nós na organización deste acto e convida os veciños e veciñas, e público en xeral, a asistir a esta conferencia. |
|
CEA DO NADAL DO BNG
|
| (06/12/07) escrito por vero |
| Onte o BNG de Oleiros celebrou a cea do Nadal no restaurante As Tinajas, aproveitando ao mesmo tempo os vintecinco anos da fundación de dito grupo.
A portavoz Fina Quintáns dirixiu unhas palabras aos presentes, facendo fincapé na importancia da participación da cidadanía nas decisións que lles afectan directamente. O seu traballo vai encamiñado a garantir unha estabilidade social e de igualdade para todos os oleirenses.
Carlos Aymerich e os senador Francisco Jorquera, aproveitaron para falar da importancia das elecións xerais do vindeiro ano.
Neste senso esxplicaron a imortancia de ter voz en Madrid, feito que permitirá a Galiza poñerse ao nivel das outras comunidades coma o País Vasco ou Cataluña. Gran proba delo é a negociación de transferencias de tráfico e transporte marítimo.
|
|
CEA DO NADAL DO BNG
|
| (06/12/07) escrito por vero |
| Onte o BNG de Oleiros celebrou a cea do Nadal no restaurante As Tinajas, aproveitando ao mesmo tempo os vintecinco anos da fundación de dito grupo.
A portavoz Fina Quintáns dirixiu unhas palabras aos presentes, facendo fincapé na importancia da participación da cidadanía nas decisións que lles afectan directamente. O seu traballo vai encamiñado a garantir unha estabilidade social e de igualdade para todos os oleirenses.
Carlos Aymerich e os senador Francisco Jorquera, aproveitaron para falar da importancia das elecións xerais do vindeiro ano.
Neste senso esxplicaron a imortancia de ter voz en Madrid, feito que permitirá a Galiza poñerse ao nivel das outras comunidades coma o País Vasco ou Cataluña. Gran proba delo é a negociación de transferencias de tráfico e transporte marítimo.
|
|
HOMENAXE Á CREACIÓN DAS MOCIDADES GALEGUISTAS
|
| (05/12/07) escrito por vero |
| Hoxe na Coruña, por volta das 20h30 comezará no Teatro Colón o acto de homenaxe á creación das Mocidades Galeguistas, con motivo do 75º aniversario. No acto proxectarase o documentario "A Nosa Terra é Nosa". Após a proxección, haberá unha actuación dos grupos musicais A Quenlla e Banda Potemkin. Entre outras personalidades, está prevista a presenza do Vicepresidente da Xunta de Galiza e Portavoz Nacional do BNG Anxo Quintana, e mais de Francisco Jorquera, Senador e candidato do BNG pola Coruña ao Parlamento do Estado para as próximas eleccións de Marzo de 2008. Este último ten previsto acudir tamén á cea do BNG desta noite ás 22h00 no Restaurante Las Tinajas, á que están apuntadas por volta dunhas 80 persoas. |
|
CEA DO BNG DE OLEIROS
|
| (29/11/07) escrito por vero |
| O BNG de Oleiros convoca afiliadas/os, simpatizantes, e amigas/os á CEA DO BNG "25 ANOS DE NACIONALISMO EN OLEIROS" na Cuarta feira (mércores), 5 de decembro de 2007
ás 22:00 horas no Restaurante "Las Tinajas"
(Estrada de Sta. Cruz a Mera pola costa, a 700 metros de Sta. Cruz, Dorneda) MENÚ: Entrantes finos e quentes Lagostinos estilo "Tinajas" Medallóns de vitela con pataca bóla e legumes Año asado de Aranda Tentación fría Viño branco e Rioja tinto D.O. Cava Café Copas Haberá tamén un grupo musical e disc-jockey con discoteca. Para confirmardes a vosa asistencia só é preciso enviardes un correo electrónico a bng.oleiros@gmail.com indicando o nome e apelido/s da persoa interesada, ou a través do número 666251390 (Xavier). Prezo por persoa: 25?
|
|
sEMINARIO A PROL DA INCLUSIÓN SOCIAL EN GALIZA
|
| (06/11/07) escrito por vero |
| Antonte e hoxe tiveron lugar en Gandarío un seminario A Prol da inclusión Social en Galiza.
Este seminario pretende contribuír a activar a ánalise e o debate entre os distintos axentes implicados na loita contra a pobreza e a exclusión social en Galiza.
É unha vergoña que non estivese en dito seminario ningunha traballadora social dos concellos de Bergondo, Cambre, Oleiros.....e tódolos demáis que compoñen o Consorcio das Mariñas.
|
|
25 ANOS FACENDO PAÍS
|
| (29/09/07) escrito por vero |
| Hoxe sábado ás 18:oo horas conmemoración do 25 AniversarIo do Bloque Nacionalista Galego, no frontón de Riazor.
25 ANOS FACENDO PAÍS.
!!ACUDÍDE!!
|
|
CARTA ABERTA E DESPEDIDA DE ANTON TENREIRO
|
| (25/09/07) escrito por vero |
|
CARTA ABERTA DE DESPEDIDA DE ANTÓN TENREIRO
Estimados/as veciños e veciñas:
Acabo de apresentar a miña renuncia como Concelleiro despois de oito anos representando a milleiros de veciños na corporación.
Os cargos públicos non son vitalicios e, polo tanto, as persoas que os ocupamos, debemos dar exemplo de renovación e traballo pola consolidación dun proxecto político colectivo e en nengún caso persoal. A colaboración de militantes e simpatizantes do BNG de Oleiros fixo que o traballo desenvolvido fose gratificante e positivo, polo que lles estou e estarei sempre moi agradecido.
O BNG apresentou comigo de candidato a súa primeira lista no concello de Oleiros e neste período desde o ano 1999, o BNG é xa un proxecto diferenciado e con voz propria. Oleiros non é unha illa e por iso o seu futuro vai necesariamente ligado ao futuro de Galiza como nación, e o BNG de Oleiros seguirá a traballar para pór Oleiros e Galiza no lugar que por dereito lles corresponde.
Agora, toma o relevo a compañeira Fina Quintáns, que terá todo o apoio da organización e contará especialmente comigo para o que precise no seu novo labor.
Estou certo de que o proxecto político do BNG é o instrumento para mellorarmos as cousas en Oleiros e no noso País e, polo tanto, as persoas do BNG que nos representan, son tamén as indicadas para poren por diante de todo os intereses colectivos da cidadanía galega. Por iso o futuro do BNG en Oleiros está garantido.
A compañeira Fina Quintáns será nun tempo inmediato a referencia local do nacionalismo e o garante da continuidade do noso proxecto político para Oleiros. Deséxolle toda a sorte do mundo e aproveito para vos saudar a todos e todas.
Un saúdo nacionalista.
Antón Tenreiro
En Oleiros, a 24 de Setembro de 2007
|
|
Antón non se retira
|
| (22/09/07) escrito por vero |
| Os meus parabéns a Antón Tenreiro por todo o fixo en Oleiros. Non só cando formaba parte do goberno , sinón tamén cando estaba ao cargo do partido.
Non non esquezamos no que tanto traballou. Velaí: normalización linguistica, deportes, turismo.......
Imos vendo como o clube de regatas, por desgraza,non tén o apoio do concello, a escola de música vai de mal en pior, o deporte non só o de base,váise esquecéndo, os premios "Xulio Dans", premios que se daban a tódolos axentes sociais de oleiros que empregaren o galego, xa non se está a facer....E así unha morea e cousas.
Agora Vicepresidencia vai gañar moito coa súa persoa.
!Ánimo e para diante!
Antón tí vales moito.
|